Arquivo do blog

28/05/17

Repaso para a ABAU

Grazas a Anxo González e Vitoria Ogando en ogalego.eu:
- Temas de Sociolingüística
- Temas de Literatura
A ligazón lévavos ao Tema 1 de cada parte. Para proseguir non tedes máis que ir ao final da páxina e facer clic en "Tema seguinte".

21/05/17

O portugués en Eurovisión


Hai só uns días que a miña marabillosa alumna Noelia Calvo, de 2º Bach. B, nos deleitaba a Lara e a min coa súa exposición sobre este festival e vai e, por primeira vez na historia, gañamos!!
Vaia, gañou Portugal, que vén ser o mesmo... ou non?
E así o homenaxeamos, da man de Carlos Medrano 
no blog Xogos de lingua

10/05/17

Carlos Casares LETRAS GALEGAS 2017

Foi o tradutor ao galego desta obra xenial e universal...
Pero tamén fixo moitas outras cousas, que podes descubrir nestas ligazóns:
Real Academia Galega
Consello da Cultura Galega

22/03/17

A LITERATURA GALEGA DENDE 1976 ATA HOXE
Chegamos ao "entre lusco e fusco" do curso, rapaces, e estas son as últimas entregas do temario que vos recomendo visualizar:
A situación da lingua galega na actualidade
A PROSA ACTUAL
A POESÍA DENDE O 76 ATA HOXE
O TEATRO DE FINAIS DO XX E COMEZOS DO XXI
Benqueridos Marlou e Lourenço, mil veces grazas!